QUE É CULTUREUME?
CULTUREUME é unha empresa baseada no afán de contribuír ao desenvolvemento cultural da sociedade, á promoción do coñecemento e á valoración e conservación do patrimonio cultural e natural en tódalas súas manifestacións.
QUÉ FAI CULTUREUME?
CULTUREUME presta servizos de xestión integral do patrimonio cultural especializada en:
a) Investigación e documentación históricas.
b) Inventarios e catalogacións de elementos culturais e paisaxísticos.
c) Documentación técnica de protección do patrimonio.
d) Redacción de informes histórico-artísticos aplicados a proxectos de intervención no patrimonio.
e) Identificación de recursos patrimoniais: informes, diagnose, plans estratéxicos, etc.
f) Elaboración de plans de interpretación do patrimonio cultural e paisaxístico.
g) Creación de software específico para inventario e catalogación do patrimonio.
h) Elaboración de Sistemas de Representación da Información Xeorreferenciada.
i) Elaboración de proxectos de xestión e mantemento de museos, centros de interpretación, puntos de información, centros de visitantes, etc.
QUEN INTEGRA CULTUREUME?
O equipo de CULTUREUME está integrado por profesionais cunha dilatada experiencia no eido do patrimonio cultural aplicado a proxectos de desenvolvemento territorial, da investigación e a documentación históricas e da arqueoloxía, cun amplo coñecemento das políticas públicas en materia cultural.
Conta ademais cun grupo de colaboradores que complementan a oferta de CULTUREUME nos eidos do desenvolvemento de novas tecnoloxías da información e a comunicación, o turismo e o medioambiente.