As liñas principais nas que CULTUREUME centra a súa actividade concrétanse nas seguintes accións:

Interpretación e difusión do patrimonio
– Plans de interpretación.
– Asesoramento técnico para valorar unha intervención cultural.
– Deseño de rutas e itinerarios culturais.
– Programas de sinalización.
– Elaboración de material promocional.
– Recursos didácticos.
– Publicacións.
– Organización de eventos culturais.
Museos e equipamentos culturais
(centros de interpretación, exposicións, centros de visitantes, puntos de información, etc.)
– Idea e conceptualización.
– Elaboración de contidos.
– Deseño e produción de papelería, audiovisual, aplicacións multimedia, documentais, etc.
– Creación de identidades visuais e accións de promoción.
– Elaboración e produción de material didáctico.


Formación
(xestión do patrimonio, desenvolvemento local, turismo, museoloxía, etc.)
– Formación continua para profesionais do sector.
– Conferencias, cursos e seminarios para institucións culturais.
– Proxectos formativos para colectivos específicos (estudantes da área de ciencias sociais e humanidades, programas formativos para persoas con discapacidade, etc.).
– Proxectos específicos para sensibilización en materia cultural.
Arqueoloxía
– Estudos previos a proxectos de actuación arqueolóxica.
– Control arqueolóxico.
– Escavacións e prospeccións arqueolóxicas.
– Traballos de gabinete: clasificación e catalogación de materiais, planimetría, fotografía especializada, reconstrucións e recreacións 3D.
– Valorización de elementos arqueolóxicos.
– Informes, inventarios e catalogacións de bens históricos, arqueolóxicos e etnográficos.
