QUE É
CULTUREUME
CULTUREUME
Somos unha empresa baseada no afán de contribuir ao desenvolvemento
cultural da sociedade, á promoción do coñecemento e á valorización
e conservación do patrimonio cultural e natural.
Que fai CULTUREUME?
A nosa empresa presta servizos de xestión integral
do patrimonio cultural especializada en:
Investigación e documentación históricas
Inventario e catalogación de elementos culturais e paisaxísticos
Salvagarda do patrimonio cultural inmaterial
Interpretación do patrimonio cultural e natural
Prospeccións e intervencións arqueolóxicas
Quen integra CULTUREUME?
Somos Xosé e Lois, dous amigos con formación complementaria no eido das Humanidades que no ano 2014 decidimos profesionalizar a nosa amizade e convertila nun activo de futuro para a nosa bisbarra a través da creación de CULTUREUME.
LOIS GÓMEZ
Socio director de Cultureume
Licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña (especialidade en Arqueoloxía).
Técnico en Xestión do Patrimonio Cultural pola Universidade da Coruña.
XOSÉ MARÍA LÓPEZ
Socio director de Cultureume
Diplomado en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña.
Técnico en Xestión do Patrimonio Cultural polas Universitat Oberta de Catalunya,
Universitat de les Illes Balears e Universitat de Girona (mestrádego interuniversitario).
LUCÍA IGLESIAS
Diplomada en Biblioteconomía e Documentación pola Universidade da Coruña.
Técnica Superior en Fotografía Artística pola ESART Silvent.