DESEÑO DE MATERIAL PROMOCIONAL TURÍSTICO DO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
DESCRICIÓN: Elaboración de contidos intepretativos e edición, maquetación e deseño de salvamantel promocional turístico das Pontes.
CLIENTE: Concello das Pontes
MONITORIZACIÓN DO ROTEIRO CULTURAL “O CAMIÑO FRANCÉS”
DESCRICIÓN: Realización dun roteiro cultural dirixido a escolares polo camiño histórico denominado Camiño Francés ao seu paso pola vila das Pontes.
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE RECOLLA DE PLUVIAIS EN NOSTIÁN (A CORUÑA)
DESCRICIÓN: Dirección e execución de proxecto de control arqueolóxico das obras de recolla de pluviais en Nostián (A Coruña)
CLIENTE: Concello da Coruña
PROXECTO DE DOCUMENTACIÓN DO CAMIÑO FRANCÉS AO SEU PASO POLO CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ
DESCRICIÓN: Estudo documental do Camiño Francés ao seu paso polo concello das Pontes de García Rodríguez: fontes cartográficas, escritas e documentais.
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DA OBRA DE REPOSICIÓN DO MURO DA IGREXA DO FREIXO (AS PONTES)
DESCRICIÓN: Proxecto de seguemento arqueolóxico das obras de reposición do muro do cemiterio da Igrexa de San Xoán do Freixo (As Pontes de García Rodríguez).
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN DO ARQUIVO FOTOGRÁFICO DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO”
DESCRICIÓN: Proxecto de dixitalización do arquivo fotográfico do museo (3.300 unidades). Inclúe: clasificación, limpeza de fotografías, creación de base de datos, dixitalización, tratamento fotográfico, informe final e conservación e almacenaxe de fotografías.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE INSTALACIÓN DUNHA REDE CONTRAINCENDIOS NO POLÍGONO INDUSTRIAL DOS AIRÍOS (AS PONTES)
DESCRICIÓN: Supervisión do proceso de obra nos traballos de instalación dunha rede antiincendios no Polígono Industrial dos Airíos, con documentación do proceso de obra e o rexistro de evidencias relevantes para o control arqueolóxico.
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE DOCUMENTACIÓN SOBRE O CAMIÑO DOS ARRIEIROS AO SEU PASO POLOS CONCELLOS DE ORTIGUEIRA, MAÑÓN E AS PONTES (A CORUÑA)
DESCRICIÓN: Creación dunha base de datos informatizada coa integración de 600 referencias documentais e elaboración de informe final.
CLIENTE: Asociación Seitura 22
DESEÑO DE GUIEIRO DE MAN DO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
DESCRICIÓN: Proxecto de deseño de guías de man interpretativas para apoio das visitas ao Museo Etnográfico Monte Caxado.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
PROXECTO DE DIXITALIZACIÓN DO ARQUIVO DOCUMENTAL DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO”
DESCRICIÓN: Proxecto de dixitalización do arquivo documental do museo. Inclúe: selección de materiais, clasificación, limpeza de documentos, creación de base de datos, dixitalización, tratamento fotográfico, informe final e conservación e almacenaxe de documentos.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
PROXECTO DE INTEPRETACIÓN E SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO INDUSTRIAL DAS PONTES “SENDA DA MEMORIA”
DESCRICIÓN: Deseño de discurso interpretativo, deseño de panel expositivo, tratamento de fotografía antiga, deseño de infografía, tradución a castelán e inglés, colocación de panel interprativo.
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE INTEPRETACIÓN DO PATRIMONIO INDUSTRIAL DAS PONTES “SENDA DA CALVO SOTELO”
DESCRICIÓN: Deseño de discurso interpretativo, deseño de paneis expositivos, tratamento de fotografía antiga.
CLIENTE: Concello das Pontes
REDACCIÓN DO PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE RECOLLA DE PLUVIAIS EN NOSTIÁN (A CORUÑA)
DESCRICIÓN: Redacción de proxecto arqueolóxico para o seguimento das obras de recolla de pluviais en Nostián (A Coruña)
CLIENTE: Concello da Coruña
GUIEIRO DE MAN SOBRE O MOSTEIRO DE CAAVEIRO (A CAPELA)
DESCRICIÓN: Deseño e maquetación de guieiro de man sobre o ben cultural Mosteiro de Caaveiro emprazado no concello da Capela (A Coruña)
CLIENTE: Deputación da Coruña
REDACCIÓN DO PROXECTO ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE EXECUCIÓN DUNHA PASARELA SOBRE O RÍO EUME AO SEU PASO POR AS PONTES
DESCRICIÓN: Redacción de proxecto arqueolóxico para o seguimento das obras de execución dunha pasarela sobre o río Eume na Avenida de Lugo, nas Pontes de García Rodríguez.
CLIENTE: Concello das Pontes
REDACCIÓN DE INFORME TÉCNICO DO ESTADO DE CONSERVACIÓN SOBRE O BEN CULTURAL “PONTE DOS FERROS”
DESCRICIÓN: Redacción de estudo histórico e informe técnico.
CLIENTE: Concello das Pontes
REDACCIÓN DO PROXECTO ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE INMOBLE NO CASCO HISTÓRICO DAS PONTES
DESCRICIÓN: Redacción de proxecto arqueolóxico para seguemento de obra nos traballos de rehabilitación dunha vivenda, emprazada no casco histórico de As Pontes e destinada a local sociocultural.
CLIENTE: Concello das Pontes
VI CITA COA HISTORIA DAS PONTES
DESCRICIÓN: Organización dun evento de recreación histórica ambientado na historia local, en concreto no período galaico-romano, de As Pontes de García Rodríguez, implementando as seguintes actividades culturais: concurso de caracterización, concertos, deseño de imaxe corporativa do evento e xestión de redes sociais.
CLIENTE: Asociación Cultural “Lembranza da Vila”
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE MODERNIZACIÓN DA ILUMINACIÓN PÚBLICA DA RÚA LINARES RIVAS (A CORUÑA)
DESCRICIÓN: Supervisión do proceso de obra nos traballos de modernización da iluminación pública da rúa Linares Rivas da Coruña, con documentación do proceso de obra e rexistro de evidencias relevantes para o control arqueolóxico.
CLIENTE: Concello da Coruña
EXECUCIÓN DO PLANO MUSEOLÓXICO DO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
DESCRICIÓN: Execución do proxecto Plano Museolóxico do Museo Etnográfico Monte Caxado, na súa nova sede situada na Praza da Igrexa (As Pontes).
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado