TRASLADO DA COLECCIÓN MUSEÍSTICA DO MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO
DESCRICIÓN: Dirección e execución do traslado da colección museística dende o CPI Monte Caxado á nova sede do Museo Etnográfico Monte Caxado.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
REDACCIÓN DE INFORME ARQUEOLÓXICO
DESCRICIÓN: Redacción de informe arqueolóxico de valoración de traballos forestais en entorno arqueolóxico no lugar de Veiga da Nata (Somede – As Pontes).
CLIENTE: Particular
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE MELLORA DO PAVIMENTO DA RÚA SAN XOÁN (AS PONTES)
DESCRICIÓN: Supervisión do proceso de obra nos traballos de mellora do pavimento da rúa San Xoán, emprazada no casco histórico de As Pontes, con documentación do proceso de obra e o rexistro de evidencias relevantes para o control arqueolóxico.
CLIENTE: Concello das Pontes
PLANO DE USO E XESTIÓN DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO”
DESCRICIÓN: Elanoración do documento director do MEMC, que inclúe: Plan de Acción Museística, Plan de Documentación, Análise Financeiro, Plan de Avaliación e Plan de Comunicación.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO” PARA O ANO 2019
DESCRICIÓN: Edición e maquetación de publicación divulgativa sobre oficios tradicionais e organización dun obradoiro de instrumentos de música tradicional.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
PROXECTO DE CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DUN INMOBLE SITO NO LUGAR DE RIBADEUME (AS PONTES)
DESCRICIÓN: Supervisión do proceso de obra nos traballos que suponen a remoción de terras, con documentación do proceso de obra e o rexistro de evidencias relevantes para o control arqueolóxico.
CLIENTE: Particular
ASISTENCIA TÉCNICA NO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL “COMPOST DA CASA”
DESCRICIÓN: Asistencia técnica para a realización de xornadas de promoción e formación de compostaxe e participación no seguemento de tres quendas de visitas domiciliarias no marco do programa de educación ambiental.
CLIENTE: Desenvolvemento Local de Galicia, SLU
PLANO MUSEOLÓXICO DO MUSEO ETNOGRÁFICO “MONTE CAXADO”
DESCRICIÓN: Elaboración de documento director para a musealización do Museo Etnográfico Monte Caxado.
CLIENTE: Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado
V CITA COA HISTORIA DAS PONTES
DESCRICIÓN: Organización dun evento de recreación histórica ambientado na historia local, en concreto no período galaico-romano, de As Pontes de García Rodríguez, implementando as seguintes actividades culturais: concertos, obradoiros, espectáculos teatrais, exposicións, xestión de redes sociais, spot promocional.
CLIENTE: Asociación Cultural “Lembranza da Vila”
EXPOSICIÓN CULTURAL “AS NOSAS FESTAS”
DESCRICIÓN: Elaboración dunha exposición temporal en soporte físico sobre a historia das festas do Carme e A Fraga, a partir da documentación contida no arquivo persoal de Antón Ferreiro García e o fondo documental da Fundación Museo Etnográfico Monte Caxado.
CLIENTE: Concello das Pontes
INVENTARIO DO ARQUIVO DOCUMENTAL DE ANTÓN FERREIRO GARCÍA
DESCRICIÓN: Elaboración dun inventario informatizado en soporte de base de datos para o control das unidades documentais contidas no arquivo persoal de Antón Ferreiro García, persoeiro da cultura galega e pontesa, finado o pasado ano 2017.
CLIENTE: Concello das Pontes
ASISTENCIA TÉCNICA NO PROXECTO “AS PONTES, EXPERIENCIA INDUSTRIAL”
DESCRICIÓN: Proxecto de creación dun produto turístico, co fin de dar a coñecer o patrimonio de As Pontes de García Rodríguez, vencellado á industria do municipio e relacionado co traballo, así como achegar as empresas asentadas en As Pontes ao público visitante. Documentación, análise de fontes de información, elaboración de discurso interpretativo e creación de produtos divulgativos en formato audiovisual e soporte físico.
CLIENTE: Desenvolvemento Local de Galicia, SLU
PROXECTO DE PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA DO “CONCELLO DE MONFERO”
DESCRICIÓN: Localización e delimitación de xacementos arqueolóxicos, para a súa incorporación no catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Monfero (A Coruña).
CLIENTE: Cerna Arquitectos, SCP
CONTROL ARQUEOLÓXICO DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DE INMOBLE SITO NO CASCO HISTÓRICO DAS PONTES
DESCRICIÓN: Supervisión do proceso de obra nos traballos que suponen a remoción de terras, con documentación do proceso de obra e o rexistro de evidencias relevantes para o control arqueolóxico.
CLIENTE: Particular
IV CITA COA HISTORIA DAS PONTES
DESCRICIÓN: Organización dun evento de recreación histórica ambientado na historia local, en concreto no período galaico-romano, de As Pontes de García Rodríguez, implementando as seguintes actividades culturais: concertos, obradoiros, espectáculos teatrais, exposicións, xestión de redes sociais, spot promocional.
CLIENTE: Asociación Cultural “Lembranza da Vila”
PROXECTO DE INTEPRETACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL DA CONTORNA DO LAGO DAS PONTES
DESCRICIÓN: Creación dun itinerario interpretativo na contorna do Lago de As Pontes, materializado na Senda da Memoria, no que o visitante pode coñecer cómo eran os lugares que ocupaban o antigo oco mineiro e os cambios que se produciron no mesmo co proceso de restauración ambiental da antiga mina de carbón.
CLIENTE: Concello das Pontes
PROXECTO DE INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO INDUSTRIAL DOS POBOADOS DE ENDESA
DESCRICIÓN: Interpretación e sinalización dos poboados industriais do Barreiro, A Fraga, A Madalena, O Anguieiro e As Veigas, emprazados no termo municipal de As Pontes de García Rodríguez.
CLIENTE: Concello das Pontes
CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN Á RECICLAXE “RqueR”
DESCRICIÓN: Creación e realización de campaña de sensibilización para o fomento da cultura da reciclaxe entre a poboación de As Pontes.
CLIENTE: Concello das Pontes
MONITORIZACIÓN DO ROTEIRO CULTURAL “CAMIÑO DOS ARRIEIROS”
DESCRICIÓN: Realización dun roteiro cultural dirixido a escolares polo camiño histórico denominado Camiño dos Arrieiros, que transcorre entre os concellos de Mañón e As Pontes.
CLIENTE: Asociación de Medio Ambiente “Monte Caxado”
PROXECTO DE POSTA EN VALOR DO ESPAZO NATURAL E PATRIMONIAL “FONTE DAS BOLIQUEIRAS”
DESCRICIÓN: Interpretación e sinalización do espazo natural denominado Fonte das Boliqueiras emprazado no termo municipal de As Pontes de García Rodríguez.
CLIENTE: Concello das Pontes